CRTVG

Buscar

Coñece unha muller na Rede e estáfalle 72.000 euros

Publicado o 22/09/2020 15:05

Coñeceu esta muller a través dunha rede social e comezaron unha amizade que acabou cunha estafa de 72.000 euros. A denuncia chega cando a propia entidade bancaria informa a vítima, un home duns 60 anos, de que as súas contas foron bloqueadas.

A Policía Nacional de Pontevedra advirte dunha proliferación deste tipo de estafas e da necesidade de optimizar a seguridade na Rede.

A través da súa páxina contan con trece puntos fundamentais para eludir este tipo de estafas. O máis importante, non ofrecer datos persoais ou bancarios por Internet se non son sitios de total confianza. De momento, non hai detidos nin tampouco se puideron recuperar os cartos.

Noticias web

22/09/2020