CRTVG

Buscar

Unha enquisa outórgalle ao PNV un triunfo cómodo nas eleccións vascas

Publicado o 16/02/2020 14:55

Unha nova enquisa, neste caso sobre as eleccións en Euskadi publicada en ABC, prefigura un triunfo cómodo do Partido Nacionalista Vasco.
O rotativo adianta en titulares que "o PNV amplía a súa vantaxe electoral e que poderá elixir socio" de goberno. Obtería entre 31 e 32 escanos, EH BIldu de 18 a 19 o Partido Socialista 10, Elkarri Podemos entre 7 e 9, e o Partido Popular 7. A maioría absoluta, como en Galicia, sitúase nos 38 escanos e tamén aquí Vox e Ciudadanos poderían quedar sen representación. Por certo, ABC anuncia para mañá os resultados dunha sondaxe sobre as eleccións galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2020