CRTVG

Buscar

Unha enferma de cancro denuncia nas redes sociais que lle atrasaron a cirurxía pola covid

Publicado o 25/11/2020 15:03

Subiu un vídeo de denuncia á súa conta de Facebook, e deu a volta ao país coa súa chamada de auxilio: "Necesito poñer voz a todos os pacientes á espera de cirurxías urxentes, porque a nosa vida está en risco", clama Patricia Rus, unha xienense diagnosticada de cancro de mama en marzo. Recibiu quimioterapia ata setembro, e cando esperaba que a chamasen para a operación, comunicáronlle que "todas as cirurxías están anuladas, sexan do tipo que sexan".

Denuncia que a atención á pandemia colapsou o hospital. "Non é xusto que, por loitar contra unha pandemia, a outros os deixen morrer", afirma.

No hospital de Xaén aseguran que a actividade oncolóxica e cirúrxica urxente non se suspendeu en ningún caso, pero Patricia di que ten medo, e moitas ganas de vivir.

"Só teño 27 anos e as miñas ganas de vivir son máis fortes", asegura.

Noticias web

25/11/2020