CRTVG

Buscar

Unha empresa de Vigo ofrece velorios para as mascotas

Publicado o 13/10/2020 20:42

Son os nosos fieis compañeiros e cando morren deixan un oco baleiro. Ofrecerlles un cariñoso adeus reconforta a moitas persoas. En Vigo, unha empresa organiza velorios onde os donos se despiden da súa mascota e logo incinérana.

Cando a mascota se incinera de maneira individual, os seus donos vélana durante uns 20 minutos. Está exposta no túmulo tapado cunha manta e se queren poden darlle un derradeiro aloumiño. Unha vez incinerada, entregan as cinsas nunha urna e unha pegada do animal. A xente non só vela cans, tamén gatos, coellos e mesmo tartarugas.

O prezo varia, desde os 65 euros dunha incineración colectiva ata os 400 se se trata dun can grande. Este tanatorio tamén ofrece a posibilidade de levar un colgante coas cinsas do animal ou mesmo facer unha xoia.

O derradeiro adeus a nosa mascota é un momento triste onde a xente chora porque perden algo moi bonito na súa vida.

Noticias web

13/10/2020