Unha empresa de Ourense emprega procesos naturais para o tratamento de augas residuais
Unha empresa de Ourense está a instalar en concellos de toda Galicia e tamén en Asturias e Andalucía un sistema para o tratamento das augas residuais que emprega procesos naturais de depuración, utilizando plantas e bacterias. Estas estacións de tratamento consomen, din, menos enerxía e son máis respectuosas co medio.
Desde finais do ano pasado esta depuradora natural é a que trata as auga residuais da aldea de Francos no concello lugués de Sober. Filtra os residuos da auga pasando por esa zona húmida chea de plantas.
As espadanas fan o seu traballo achegando osíxeno que complementan cun soprador que inxecta máis osíxeno para devorar os residuos. Esta instalación, din, ten moitas vantaxes. E os veciños din que están encantados con esta depuradora.
Permite depurar todo tipo de residuos tamén os industriais e as augas fecais de ata 20.000 habitantes. A empresa ourensá xa ten máis de 20 destas estacións instaladas por toda España e Galicia.