CRTVG

Buscar

Unha empresa da Estrada doa 100 sulfatadoras

Publicado o 18/03/2020 18:59

A solidariedade chegou tamén dalgunhas empresas que decidiron sumarse ás axudas ofrecidas xa por outros colectivos e particulares para tratar na medida do posible de frear a expansión do coronavirus.

Unha delas, dedicada á produción e distribución de equipos de limpeza profesional, entregoulle á Xunta un cento de sulfatadoras porque, como di o seu xerente, non podían quedar de brazos cruzados logo de que se declarara o estado de alarma.

O xerente asegura que non está sendo doado lograr todo o material que necesitan para o seu traballo, especialmente o que vén das zonas máis castigadas polo coronavirus.

Ademais, a pandemia obrigou a súa empresa a recorrer ao teletraballo e enviar á casa o 30% do seu cadro de persoal.

 

Noticias web

18/03/2020