CRTVG

Buscar

Unha empresa auxiliar da automoción de Vigo inicia as obras dunha nova planta en Portugal

Publicado o 30/04/2020 15:19

Trátase do fabricante de elementos decorativos para vehículos Aludec. Xa comezaron coas obras de construción dunha planta nova en Viana do Castelo, onde xa hai outras empresas galegas de automoción. Con este investimento, Aludec prevé crear 70 postos de traballo máis.

Detrás desta rapidez e decisión á hora de dar este paso en plena pandemia, está a situación favorable que vive actualmente Portugal e os plans de protección da industria que aplicou o Goberno xunto tamén coas axudas fiscais que ofrece o Concello de Viana do Castelo.

Noticias web

30/04/2020