CRTVG

Buscar

Unha doente de covid-19 sofre perda de memoria meses despois

Publicado o 06/11/2020 14:05

Unha muller que se infectou co coronavirus en marzo segue a ter secuelas importantes. Perdeu oído, memoria, apenas pode ler e esqueceu multiplicar e dividir. Xunto a outros doentes con síntomas persistentes, están a crear plataformas para difundir este aspecto da covid-19.

O 16 de marzo empezou a ter vómitos, diarrea e cansazo. O seu médico díxolle que non era coronavirus porque non tiña problemas respiratorios, e mes e medio máis tarde deu positivo. Semanas despois empezou a ter dores de cabeza, vertixe, mareos e perda auditiva. Durante o verán non foi a mellor, e finalmente precisou rehabiliación e ingreso hospitalario.

"Xa en setembro, unha vez empezada a rehabilitación, tiven moitísimos problemas. Custábame moitisimo levantarme, camiñar. Tiveron que ingresarme, estiven dúas semanas e viron que tiña un déficit importante de proteína na musculatura", conta a doente, Vicki Béjar.

Tamén perdeu memoria e capacidade para falar e escribir. Os médicos diagnosticárolle afectación cognitiva.

"Quería decir mazá e dicía unha cousa redonda, verde... E para escribir era disléxica, escribía palabras do revés ou intercalaba unhas con outras", lembra.

Recuperou en parte o déficit de linguaxe, pero segue sen pode ler un libro. Ademais, Vicki Béjar, contable de profesión, esqueceu como se fan as contas. 

"Estou aprendendo a restar porque esquecín restar. Multiplicar e dividir de momento resúltame imposible", di.

Os neurólogos dinlle que non ten ningunha lesión e que seu problema pode ser mental. A muller recomenda a toda a xente que teña coidado coa covid-19 porque, coma ela, hai outros doentes con secuelas persistentes.

Noticias web

06/11/2020