CRTVG

Buscar

Unha clínica de Culleredo aplica tecnoloxía robótica para aprenderlle ao cerebro a camiñar de novo

Publicado o 29/09/2020 17:12

Cando un cerebro, polas razóns que sexan, se esquece de como dar as ordes ao resto do corpo, non queda outra que volver a aprenderlle.

Iso é o que fan os profesionais desta clínica de rehabilitación de Culleredo que agora contan coa axuda da tecnoloxía máis punteira do mundo.

Serafín Ortigueira, director de Cefine di que "se non existise esta máquina, o traballo é un pouquiño máis artesanal, pero non podemos conseguir o número de repeticións masivas que podemos conseguir con esta tecnoloxía".

Reaprender a base de repeticións. Esa é a clave do adestramento.

"Conseguimos mellores recuperacións e sobre todo máis rápidas", conta Serafín.

Javier sufriu un ictus hai case un ano. O seu cerebro esqueceuse mesmo de camiñar. Agora leva un mes adestrando nesta máquina para aprender de novo.

"Consiste nun dispositivo que nos permite estar sostendo o peso dun paciente, sen nós facer ningún tipo de esforzo, mentres un dispositivo robótico asistido lle está movendo as pernas", explica o director de Cefine.

"Reproduce moi ben o que é o movendo do andar entón é practicamente como andar pero tés á axuda da máquina e no caso de esteas moi canso lévache ela", engade Javier Rodríguez.

Máis alá das máquinas, a recuperación depende tamén da actitude.

"Teño a seguridade de que vou mellorar a mobilidade, pero moito antes do previsto", afirma Javier

Axudan os pacientes, reducen considerablemente o esforzo dos profesionais e aínda que son tecnoloxías moi caras son o mellor investimento para a súa saúde.

Noticias web

29/09/2020