CRTVG

Buscar

Unha casa de Guitiriz, iluminada para o Nadal ao estilo americano

Publicado o 17/12/2019 21:28

Non se trata dun centro comercial ou das rúas dunha cidade. Esta iluminación de Nadal corresponde a unha vivenda da parroquia dos Vilares, en Guitiriz. Os seus donos son uns namorados das festas desta época e non escatiman nin na factura da luz nin no seu tempo de lecer para decorar a casa con todo tipo de luces e figuras. Mesmo fixeron eles mesmos un belén con escenas propias da comarca da Terra Chá. Tamén lles gustaría que os veciños seguiran o seu exemplo para que o espírito do Nadal se vivira intensamente na contorna.

"Sempre decoramos moito a casa porque nos gusta o Nadal. Vén xente mirar o que fixemos porque chama a atención. Os obxectos ímolos comprando en tendas ou pola Internet e cada ano hai que repoñer cousas".

No interior da vivenda tamén despregaron todos os obxectos típicos do nadal e é que en poucos fogares se viven as festas como aquí. A casa vai estar decorada ata o sete de xaneiro. Nestes primeiros días xa recibiron a visita de moitos veciños e curiosos atraidos polas luces, que se ven dende lonxe.

O Nadal acaba de comezar pero nos Vilares xa pensan na decoración do vindeiro ano, que será aínda máis espectacular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019