CRTVG

Buscar

Unha campaña pretende sensibilizar sobre os efectos do abandono de residuos sanitarios na natureza

Publicado o 30/07/2020 22:44

Recordos inesquecibles. A máscara é para ti, non para a natureza. É o lema da campaña coa que se pretende sensibilizar os cidadáns sobre os efectos do abandono de residuos hixiénico-sanitarios en contornas naturais.

Unha máscara hixiénica abandonada pode tardar en degradarse ata 400 anos; daquela, o que tiramos ao chan afecta á nosa paisaxe e impacta na flora e fauna.

Lembren non abandonar ningún residuo e deixar os espazos naturais como os atopamos. A máscara debe depositarse no colector de residuos non separables.

Noticias web

30/07/2020