CRTVG

Buscar

Unha campaña de crowfunding págalle unha multa de 100 euros a un mozo que comía pistachos na rúa

Publicado o 23/10/2020 14:37

O que parecía unha tarde normal con amigos acabou sendo para David unha anécdota que seguro que non vai esquecer.

O xoves pasado, mentres gozaba comendo uns pistachos foi sorprendido pola Policía Nacional, que o acabou multando con 100 euros.

Os axentes consideraban que non gardaban a distancia de seguridade con respecto aos compañeiros cos que estaba e por ese motivo impuxéronlle a correspondente sanción. 

Moitos compañeiros quixeron solidarizarse e a través dunha rede social puxeron en marcha unha campaña baixo o lema #todossomosPerol para axudalo a recadar o diñeiro co que aboar a multa. 

A multa pagada David suma outra sorpresa. Unha empresa produtora de pistachos púxose en contacto con el para obsequialo con produto gratis durante un ano. 

O que apuntaba ser un suceso desagradable acabou sendo unha situación cómica que converteu este noiés no protagonista das redes nos últimos días. 

Noticias web

23/10/2020