CRTVG

Buscar

Unha cabra pare seis cabritiños en Callobre, na Estrada

Publicado o 28/02/2020 14:19

A cabra e os seus cabritiños recupéranse, mentres os seus donos seguen sorprendidos por este parto múltiple. Luis axudou a que saíran as últimas crías. En total, foron seis.

As crías só teñen un día, pero estes pequenos, cinco machos e unha femia, mostran xa o seu carácter. As crías están ben. Unha ten as patas de atrás algo débiles, pero Luis e Marisa danlles todos os coidados para intentar que sobrevivan.

Cariño e atencións non lle faltan a esta familia numerosa. Unha boa mestura para que saian adiante.

Noticias web

28/02/2020