CRTVG

Buscar

Unha asociación de Ourense coida as mascotas de mulleres vítimas de violencia machista

Publicado o 24/01/2019 21:55

Unha asociación de Ourense ofrece fogar e coidados ás mascotas de mulleres vítimas de violencia machista. O servizo creouse pola mesma demanda destas mulleres que non tiñan con quen deixar aos cans cando teñen que ir vivir a unha casa de acollida.

Esta asociación naceu en Ourense para recuperar cans abandonados e conseguirlles unha nova vida facendo intervención asistida en distintos colectivos.

Na asociación puxéronse a buscar familias que quixeran acoller estas mascotas e agora mesmo están a coidar dous cans e un gato de tres mulleres de distintas provincias galegas. La Can busca agora axudas para poder ter un centro onde atender estas mascotas mentres as súas propietarias, vítimas da violencia machista, non se poidan facer cargo delas.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019