CRTVG

Buscar

Unha artista viguesa encapsula os nosos mellores momentos en micromundos

Publicado o 05/01/2019 15:34

Os primeiros Reis poden ser un deses recordos que nunca quereremos esquecer. Unha artista viguesa pode encapsular os nosos momentos preferidos e immortalizalos en micromundos. Recreacións en miniatura desas vivencias máxicas que queremos conservar para sempre.

Son traballos en miniatura que gardan a grandeza dos nosos recordos. Rebeca Terrón recrea con mimo e paciencia cada detalle desa imaxe que queremos que perviva ao paso do tempo.

O seu traballo como deseñadora de interiores derivou nesta nova faceta que desenrola no seu obradoirto de Vigo. A Través da súa conta de Instagram recibe encargos de toda España, na maioría dos casos para agasallos especiais.

O prezo e o tempo de elaboración de cada un destes micromundos dependen en boa medida do encargo do cliente.




 

Noticias web

05/01/2019