CRTVG

Buscar

Unha app impide que varios quilos de comida acaban no lixo

Publicado o 04/03/2020 19:44

Javier prepara un dos paquetes-sorpresa que vai vender hoxe por un terzo do seu prezo. Son alimentos en perfecto estado, pero próximos á data de caducidade que, grazas ás novas tecnoloxías, non acabarán no lixo. Unha aplicación móbil pon en contacto os establecementos con excedentes cos consumidores e, deste xeito, gañan todos.

Só en España, desperdícianse cada ano oito millóns de toneladas de alimentos, e en cada fogar acabamos tirando ao lixo 250 euros en comida. Ademais, emítense millóns de quilos de CO2 para nada. E nesa necesaria conciencia ambiental insisten os promotores da aplicación, que é moi sinxela de utilizar. A modo de lonxa en liña, vemos que establecementos ofrecen paquetes e a que prezo.

A aplicación leva unha comisión dun euro por cada paquete vendido. En Galicia xa hai 70 negocios inscritos, a maior parte na Coruña e Vigo. Nun ano, os 10.000 paquetes de comida salvados aquí supuxeron un aforro de 25.000 quilos de dióxido de carbono.
 

Noticias web

04/03/2020