CRTVG

Buscar

Unha app coruñesa informa do stock de produtos en cada supermercado

Publicado o 01/04/2020 14:21

Situación común estes días, chegamos ao supermercado e non atopamos o produto que iamos buscar. Así que toca moverse ata outro establecemento, e o máis probable é que teñamos que esperar un bo cacho para poder entrar, e despois probar sorte de novo. E todo isto en plena corentena, con restricións de mobilidade.

Isto mesmo foi o que pensou un mozo coruñés, que empregou os seus días de confinamento para deseñar esta web. Con ela di que imos aforrar desprazamentos innecesarios, porque mapea todos os supermercados da cidade e xeolocaliza o usuario para ofrecerlle as opcións que ten máis próximas.

A web está aínda en fase inicial e o seu mantemento vai depender das achegas que fagan os propios usuarios.

Unha ferramenta máis para que facer a compra nesta corentena sexa máis sinxelo, aínda que lembremos que o abastecemento está garantido.

Noticias web

01/04/2020