CRTVG

Buscar

Unha aplicación axúdanos a saber se lavamos ben as mans

Publicado o 19/10/2020 20:49

É un acto que coa pandemia adoitamos facer con asiduidade. Ás veces pensamos que lavamaos as mans de xeito correcto, pero non empregamos o tempo suficiente. Tres profesores da Universidade de Vigo traballan nunha aplicación que detecta de forma automática se o estamos facendo ben.

Eses estándares indican que deberiamos de lavar as mans entre 40 e 60 segundos. Tan só necesitaríamos ter un reloxo intelixente que estaría recollendo datos automaticamente e descargar a aplicación.

Xa están realizando probas, e a eficacia en taxa de acertos é do 90 %. Contan con vinte voluntarios e a principio do ano que vén xa estaría dispoñible a aplicación nas diferentes tendas deste tipo de dispositivos.

Noticias web

19/10/2020