CRTVG

Buscar

Unha adega de Quiroga aposta por viños vencellados ao territorio

Publicado o 16/08/2020 21:35

Nesta adega de Quiroga apostan por viños que reproduzan a composición da terra, ferruxinosa, pero tamén coa presenza de lousa e de arxila.

A adega fundouse no 2012 aproveitando, nalgúns casos, vides centenarias que, se ben son pouco produtivas, achegan singularidade ao viño que fan.

Viños marcados por un territorio que xa explotaron os romanos e que hoxe se enmarca no xeoparque Montañas do Courel.

Nesta adega ofrecen visitas guiadas, catas e maridaxe de viños e para chegar a todos os públicos, tamén aos pequenos, nada mellor ca unha representación en miniatura.

 

Noticias web

16/08/2020

Máis sobre Quiroga