CRTVG

Buscar

Unanimidade no Senado a prol dos traballadores de Alcoa

Publicado o 25/11/2020 21:31

Unanimidade no Senado cos traballadores de  Alcoa. Todos os partidos apoiaron a moción do grupo socialista para instar ao Goberno a que evite o peche de Alcoa. O Senado pídelle ao Executivo que examine as axudas que recibiu a multinacional, que lle esixa a retirada do ERE e que, en coordinación coa Xunta, intente que Alcoa retome as negociacións para vender a factoría de San Cibrao.

"Fronte ao non de Alcoa, neste momento hai un si de todos os actores. Desde o Goberno de Galicia ao Goberno central, os concellos e os sindicatos. Nós queremos seguir coa unidade de acción co Goberno de España", di Javier Guerra, senador do PP.

"Creo que o importante é seguir da man, Alcoa é culpable, é responsable e cantos máis adxectivos queiramos poñerlle. Agradézollle o apoio, creo que o merecen os traballadores e creo que tamén o merece a comarca", asegura César Mogo, senador do PSOE.

Noticias web

25/11/2020