CRTVG

Buscar

Unanimidade na Coruña en defensa do emprego nas fábricas de Alu Ibérica

Publicado o 04/06/2020 20:57
Unanimidade na Coruña en defensa do emprego nas fábricas de Alu Ibérica

O pleno da Coruña aprobou por unanimidade este xoves unha moción da Marea Atlántica para instar o Goberno e a Xunta a investigar a venda de Alu Ibérica ao grupo Riesgo e en defensa do emprego na planta coruñesa e na de San Cibrao.

O concelleiro Alberto Lema saudou a presenza de representantes do Comité de Empresa da fábrica de aluminios da Coruña na tribuna de María Pita e asegurou que "sempre" estarán ao seu lado na loita para que "non se esquezan os compromisos asinados hai un ano".

Neste sentido, instou a Xunta e o Goberno do Estado para actuar para defender os 400 postos de traballo na Coruña e a investigar a venda da factoría ao Grupo Riesgo, levada a cabo "dunha maneira opaca e altamente irregular" hai dous meses.

Tras un peche onte en María Pita, mañá o comité de Alu Ibérica A Coruña reunirase co Ministerio de Industria para explicarlles a situación e o 9 de xuño será a reunión da mesa técnica industrial.