CRTVG

Buscar

Un xulgado da Coruña ordena o illamento forzoso para o porteiro do pub de Oleiros

Publicado o 06/08/2020 15:40

Un xulgado da Coruña ratificou o illamento obrigatorio no seu domicilio do porteiro relacionado co gromo de Arteixo. Esta medida terá que ser aplicada ata que deixe de representar un risco para a saúde pública.

Recorda a xuíza que o porteiro do pub, pese a dar positivo por covid-19, e aínda que se lle indicou que debería manter illamento, saía da casa, como puido comprobar a Policía Local en varias ocasións. Mesmo os veciños lles dixeron aos axentes que saía todos os días.

Puntualiza a xuíza que terán que coordinarse as forzas de seguridade co facultativo encargado do tratamento por se fai falta vixilancia policial.

Esta é a terceira vez que a xustiza ordena un illamento obrigatorio en Galicia, tras outras dúas resolucións anteriores relacionadas co gromo detectado na Barbanza. A prolongación desta medida dependerá, como recolle o auto, do ditame do Servizo de Medicina Preventiva. 

Noticias web

06/08/2020