CRTVG

Buscar

Investigado un veciño de Xinzo por un incendio forestal por unha queima

Publicado o 26/03/2019 19:55

A Garda Civil continúa coas investigacións para esclarecer a intencionalidade dos incendios forestais. De feito, acaban de tomarlle declaración a un veciño de Xinzo de Limia como presunto autor dunha suposta neglixencia nunha queima. O home ten 56 anos.

A queima estaba autorizada pero, ao parecer, non tomou as medidas necesarias para evitar a propagación das lapas. Dende a Consellería do Medio Rural advírtese de que neste momento as queimas quedan suspendidas en toda a comunidade.

Noticias web

26/03/2019