Un veciño de Tui expón 1.500 cabazas que cultivou
Publicado o 15/10/2020 20:29
Grandes, pequenas, amarelas, verdes ou laranxas e así ata 1.500. Son as cabazas que un veciño de Tui cultivou e que agora as expón no bar dun amigo seu.
Ten máis de 70 variedades de cabazas e algunha mesmo ven de Portugal. A máis grande pesa 75 quilos e as hai con formas curiosas. Esta exposición pode visitarse no bar Pancho en Randufe, Tui, ata finais deste mes. A idea é facer, en próximas edicións, diferentes concursos coas cabazas.
Algún dos que se achegan leva unha cabaza para casa. Cando remate a exposicón, algunha serverá para alimentar aos animais e outras para cociñar porque a cabaza é coma o porco, todo se aproveita.