CRTVG

Buscar

Enfróntase a unha pena de prisión por unha pelexa nunha cancha de baloncesto da NBA

Publicado o 03/02/2019 14:28

Adrián Montero Mato, un veciño de Mugardos de 23 anos, podería enfrontarse a unha pena de dez anos de prisión tras protagonizar unha pelexa nunha cancha de baloncesto da NBA americana. Foi a a raíz dunha discusión con outros seareios que asistían ao partido. Nas imaxes que circulan polas redes escóitaselle insultalos en español.

Un policía intenta temperar os ánimos, pero a rifa continúa e aparecen máis axentes. Adrián Montero ofrece resistencia e finalmente é reducido tras caer polos chanzos. A policía do condado de Miami acúsao de catro delitos, entre eles agresión ás autoridades e desordes por intoxicación. Despois de pasar varios días en prisión, quedou en liberdade tras aboar unha fianza de 10.000 euros. A súa familia agarda que estea de volta na casa nas vindeiras horas.

Noticias web

03/02/2019