CRTVG

Buscar

Un veciño de Monforte deseña e constrúe un tándem exclusivo

Publicado o 19/01/2020 12:14

Pódese facer artesanía de todo, tamén das bicicletas. Iso é o que consegue un veciño de Monforte que acaba de deseñar e construír un tándem perfecto e exclusivo para que goce do pedaleo unha nena de trece anos con dificultades motoras debidas a unha parálise cerebral.

Manolo deseña, contrúe e repara biciletas dende hai máis de corenta anos. Por iso, o encargo de facer unha bici para Laura foi un reto ao que se enfrontou encantado. O tándem era a base. Non é a primeira vez que a Manolo lle piden biciletas diferentes, adaptadas.

Manolo emociónase lembrando as pezas do tándem de Laura. El é un amante da bici dende pequeno, tanto que, cando era novo, volvía a Galicia dende Barcelona en bicicleta. Sabe que é o que dá este vehículo.

Laura está feliz coa súa bici compartida. Tamén é a súa liberdade.

Noticias web

19/01/2020