CRTVG

Buscar

Un veciño de Marín recorre ao Supremo a sentenza que o condena por unha agresión que di que non cometeu

Publicado o 27/11/2020 15:03

Saíd está vivindo un pesadelo desde que hai dous anos, cando el tiña 19, foi acusado dunha agresión. Daquela traballaba nun pub de Pontevedra nas noites da fin de semana, e asegura que nunca estivo no lugar da agresión que se lle atribúe porque estaba traballando. Así que quedou tranquilo á espera de que se esclareceran os feitos.

No xuízo oral non foron admitidos nin os datos de xeolocalización do seu móbil nin as imaxes das cámaras de seguridade das rúas. Foi condenado a un ano de prisión e a pagar unha indemnización de 6.500 euros. A Audiencia Provincial ratificou a sentenza. Así que acaban de recorrer ao Supremo e pensan chegar ata o final para defender a súa inocencia.

Polo camiño, Saíd xa tivo que renunciar ao seu desexo dun futuro profesional nas forzas armadas, e vive con ansiedade a espera.

Noticias web

27/11/2020