CRTVG

Buscar

Un veciño de Lugo podería quedar sen a custodia das súas fillas por estrés

Publicado o 19/12/2019 15:22

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo citounos para unha vista hoxe, para escoitar e explorar os nenos. A Xunta déralle un prazo a este home, Manuel Díaz Cárdenas, para que entregase os nenos, de 11 e 15 anos, nun centro de protección. O prazo remataba o martes e non os entregou. A Administración retiroulle a tutela dos fillos, aos que declarou en desamparo, argumentando que o home se encontra inestable a nivel emocional e que os nenos están inmersos nun contexto de estrés crónico.

A Xunta explica que non é só por estrés, senón que di que "existe un bo número de circunstancias" que levan os técnicos de menores a tomar esta decisión que, din, "é sempre o último recurso". Engade que a Administración sempre actúa para protexer os intereses dos menores, segundo "criterios moi medidos e pautados", e finaliza asegurando que será o xuíz, en última instancia, quen decida sobre este caso.

O pai nega tal desamparo e asegura que esta resolución é constitutiva do delito de prevaricación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/12/2019