CRTVG

Buscar

Un tráiler queda pendurado na estrada de Vilagarcía

Publicado o 17/04/2020 15:32

Un tráiler saíu da estrada preto de Pontevedra e foi preciso unha hora de traballo do guindastre para volvelo á calzada.

A imaxe mostra como quedou o camión articulado despois de facer a tesoira e caer por un desnivel. O condutor saíu ileso e o vehículo con danos, aparentemente, pouco cuantiosos para o que podería ser.
Sucedeu no lugar de Curro, concello de Barro, cando o tráiler saía da rotonda na estrada Pontevedra-Vilagarcía, en sentido a esta útlima.

O camión circulaba sen carga, pero aínda así foi necesaría a intervención dun guindastre grande e manobras de máis dunha hora para retiralo do desnivel.

Noticias web

17/04/2020

Máis sobre Vilagarcía de Arousa