CRTVG

Buscar

Un torrente de auga ten incomunicadas as vertentes leonesa e asturiana dos Picos de Europa

Publicado o 31/01/2019 13:41

Un torrente de auga provocado pola chuvia mantén incomunicadas as vertentes leonesa e asturiana dos Picos de Europa. A tromba arrastrou terra e pedras ,e provocou un desprendemento de grandes dimensións sobre a estrada nacional 625.

As rochas caeron sobre a calzada no lado leonés, no termo municipal de Oseja de Sajambre. A zona, coñecida como o desfiladeiro dos Beyos, está pechada á circulación desde hai 24 horas.

 

Noticias web

31/01/2019