CRTVG

Buscar

Un terzo da comida do Nadal acaba no lixo

Publicado o 26/12/2019 19:47

Sabían que un terzo da comida que mercamos no Nadal acaba no lixo? Aquí van unhas cantas ideas para darlles ás nosas sobras unha nova vida. Se ten restos de marisco na neveira, vaia sacando as súas mellores copas.

Inés Vilas, fai un salpicón estupendo cos restos de marisco: "O marisco que sobrou límpase, pícase ben e logo nunhas copas ponse un pouco de leituga e logo ponse o marisco picadiño e enriba pónselle salsa rosada".

As carnes guisadas tamén poden converterse nun prato moi sabedor para o día seguinte.

Inés Vilas, calquera carne serve para unhas croquetas deliciosas: "A carne co que mellor se aproveita é con croquetas, pícase ben, refógase cebola nunha tixola, bótaselle a carne, faise unha bechamel...".

Para as amas de casa que tiveron que pasar tempos complicados, tirar nunca foi unha opción. Por iso, ata o pan reseso serve para traer felicidade á mesa.

Inés Vilas, fai sobremesas de luxo co pan reseso: "Queda moi rico aproveitar o pan poñéndoo a mollo, botándolle uvas pasas e froitas e facéndoo como puding de pan".

As mellores recicladoras dunha casa son sempre as avoas. Pregúntenlles polas súas receitas e xa verán como deixan de tirar comida.

Noticias web

26/12/2019