CRTVG

Buscar

Un sensor avisa dos partos das vacas por SMS

Publicado o 10/02/2020 15:30

Hai un ano que os xatos desta gandería nacen con preaviso. Cando queda unha hora para o parto, este dispositivo avisa o gandeiro de que toca deixalo todo para asistir a nai, sobre todo cando é primípara.

O avisador é especialmente útil para Gabi, xa que, ademais de gandeiro, tamén é hostaleiro. Di que desde que o instalou dorme máis tranquilo, ten máis tempo para atender o bar e non volveu ter baixas nos partos dos terneiros.

O sensor é de fácil colocación, ten un mes e medio de batería e avisa se cae do rabo do animal.
Tecnoloxía de vangarda pensada para mellorar a calidade de vida do gando e dos gandeiros.












 

Noticias web

10/02/2020