CRTVG

Buscar

Un rinoceronte negro nace no zoo de Michigan

Publicado o 25/12/2019 12:10

O día de Nadal veu con alegría, case cunha milagre nun zoo de Michigan. Alí naceu o primeiro rinoceronte negro nacido neste recinto en 100 anos e un dos dous que nacen ao ano en cautividade en todo o mundo.

Puxéronlle de nome Phineus e súmase aos pouco máis de 5.500 rinocerontes negros que hai no mundo. A especie está en estado crítico de conservación, perigo inminente de desaparecer. Un dato: hai un mes que o rinoceeronte negro se declarou oficialmente extinto en Sumatra, o 25 morría o único exemplar que tiñan.

O pequeno xigante xa estaba de pé as dúas horas de nacer e ás tres estaba mamando o que é un moi bo sinal.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019