CRTVG

Buscar

Un residente na Habana que viaxou este mes a Galicia, quinto caso rexistrado de coronavirus en Cuba

Publicado o 17/03/2020 15:28
Un residente na Habana que viaxou este mes a Galicia, quinto caso rexistrado de coronavirus en Cuba

Un cidadán da Habana, que estivo en Galicia neste mesmo mes de marzo confirmouse como o quinto caso positivo no país cubano por COVID-19. O ministro de Saúde Pública de Cuba, José Angel Portal Miranda, confirmouno durante a súa intervención nunha reunión de control gobernamental para facer fronte á propagación do coronavirus polo territorio.

O afectado é un cidadán cubano de 63 anos que reside nun municipio da provincia da Habana e que regresou de Galicia o pasado 8 de marzo, "en aparente bo estado de saúde", segundo o Ministerio de Saúde de Cuba. Non foi ata o día 11 cando empezou a experimentar síntomas respiratorios leves, polo que acudiu ao médico ao día seguinte.

Na actualidade permanece ingresado pero estable.

Ao parecer, o afectado viaxou pola súa conta a Galicia. A Secretaría Xeral de Emigración confirmou que non ten activo ningún programa de retorno dos que organiza habitualmente.