CRTVG

Buscar

Un policía nacional salva un mozo de morrer afogado no porto deportivo de Vigo

Publicado o 02/03/2019 17:46
Un policía nacional salva un mozo de morrer afogado no porto deportivo de Vigo

Sobre as 5 desta mañá, a sala operativa do 091 en Vigo recibiu unha chamada alertando de que un mozo pedía axuda logo de caer á auga no espigón deportivo do porto de Vigo. Comunicado o incidente ás dotacións de servizo, os integrantes da máis próxima cando chegaron viron o home pedir auxilio na auga, incapaz de reaccionar para saír por si mesmo.

Vendo que estaba a piques de afogar, e que era imposible sacalo á superficie directamente, debido a que a visibilidade era mínima, un dos policías lanzouse a socorrelo e conseguiu sacalo con dificultade e levalo a terra firme.

Unha vez chegaron as asistencias médicas, o mozo foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro, con síntomas de hipotermia, mentres que o policía foi atendido no lugar.

A familia do mozo, que ten 19 anos, foi avisada para que o acompañasen no centro hospitalario.

Noticias web

02/03/2019