CRTVG

Buscar

Un pneumólogo ourensán fálanos das súas secuelas tras superar o coronavirus

Publicado o 14/10/2020 13:35

A día de hoxe, máis de 22.000 persoas superaron a enfermidade en Galicia pero, despois de medio ano do inicio da pandemia, segue habendo moitas incertezas e desconcerto entre os profesionais sobre as secuelas que deixa o coronavirus. E para mostra, o testemuño dun dos primeiros pacientes ingresados en Galicia que á vez é pneumólogo: o doutor ourensán Armando González.

Médico e paciente. A relación do pneumólogo Armando González co coronavirus ten a dobre vertente. Foi un dos primeiros pacientes hospitalizados en Ourense pola enfermidade. Asegura que a recuperación é lenta e progresiva, e que aínda padece secuelas leves, pero séntese afortunado porque outros non o superaron ou sofren consecuencias máis graves.

Máis de medio ano despois do inicio da pandemia, asegura que queda moito por saber sobre o coronavirus, as secuelas ou os factores de risco. Sábese que a idade avanzada, as patoloxías previas ou a obesidade inciden na maior ou menor gravidade da doenza, pero insiste en que hai moitas excepcións e que o virus tamén pode ser letal entre os mozos.

Fai fincapé en que a prevención é a mellor arma contra o virus: hixiene das mans, uso de máscara e ventilación de espazos pechados son fundamentais.

 

Noticias web

14/10/2020