CRTVG

Buscar

Un plan piloto permitirá que as Baleares reciban turistas alemáns desde o próximo luns

Publicado o 09/06/2020 21:03

O próximo luns volverán verse turistas nas Illas Baleares. Pero só de nacionalidade alemá. Será no marco dun plan piloto de reactivación do sector autorizado polo Goberno central. Elixiuse Alemaña por ter unha boa evolución da pandemia.

"Para garantir un maior control é máis sinxelo realizalo cun corredor cun país como Alemaña que nos dá unhas garantías", di o conselleiro balear de Turismo", asegurou Iago Negueruela, conselleiro de Turismo das Illas Baleares.

Os turistas deberán aloxarse na súa segunda residencia se a teñen ou se non nun hotel. E deberán permanecer nas illas polo menos cinco días. O Goberno balear contratou 150 persoas para rastrexar os contactos no caso de que algún destes turistas alemáns estea infectado de coronavirus.

"Calquera turista que dea positivo inmediatamente se fará o rastrexo dos contactos directos. Faráselles a PCR a todos os contactos directos e illaranse os que dean positivo", dixo a presidenta balear, Francina Armengol.

Antes de coñecerse a existencia deste corredor turístico coas Baleares o ministro de Asuntos Exteriores alemán advertiulles aos seus nacionais que non repatriarán os que saian de vacacións ao estranxeiro e se contaxien de coronavirus. O programa piloto das Baleares servirá de experiencia para cando se abra todo o país ao turismo estranxeiro o vindeiro 1 de xullo.

Noticias web

09/06/2020