CRTVG

Buscar

Un pai tírase coa filla ás vías do metro de Nova York; a nena foi rescatada

Publicado o 25/09/2019 15:33

Unha nena de 5 anos foi rescatada das vías do metro de Nova York despois de que o seu pai se tirara con ela. Neste vídeo gravado por outro pasaxeiro vese como axudan a rapaza a saír de debaixo do tren.

O home faleceu no acto ao ser atropelado, e a menor, que foi trasladada a un centro médico, só presentaba algúns cortes.

As autoridades descoñecen, polo momento, que foi o que levou o pai a lanzarse ás vías con ela nos brazos.

Noticias web

25/09/2019