CRTVG

Buscar

O entubado do túnel de rescate de Julen acabará cando teña o seu suplemento

Publicado o 23/01/2019 23:20

Os membros do equipo de rescate de Hunosa levan más dunha semana en Totalán agardando a que finalicen os traballos de construción do túnel e tamén planificando o seu labor. Este mércores, os oito mineiros volveron subir ao lugar onde está o pozo para organizar e prever as complicacións que poden atopar no descenso. Confiaban en que unha vez reperforado o túnel para facelo máis ancho e eliminadas as irregularidades das paredes atopadas na véspera, poderían baixar para comezar a escavar a galería horizontal que os leve ata o cativo. Pero un novo saliente dectectado nos ultimos metros do túnel impediu finalizar a entubaxe.

 "A verdade é que estamos tendo moi pouca sorte en todos os labores, e estádelo vendo día a día aquí, sodes testemuñas, sodes protagonistas coma nós das dificultades que estamos atopando pero a pesar desas dificultades non desfalecemos, isto non nos quita o ánimo, todo o contrario, ainda nos dá máis forza"

Os técnicos, para acelerar o proceso traballan directamente sobre a entuabaxe rebaixando o diámetro no tramo final do cilindro, que ten que apoiarse sobre o pozo do túnel vertical
 "Son decisións sobre a marcha desexando que se algo se pode facer en menos tempo pois mellor, non significa erros nin nada, o traballo fíxose perfecto" .O operativo conta tamén cunha unidade experta en explosivos da Garda Civil Tedax, que está preparada por se hai que realizar pequenas explosións para facilitar a perforación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019