CRTVG

Buscar

Novo gromo con 7 positivos en Cedeira, e o de Cerdido ten xa 16 contaxiados

Publicado o 18/08/2020 21:53
Novo gromo con 7 positivos en Cedeira, e o de Cerdido ten xa 16 contaxiados

A área Sanitaria de Ferrol detectou un novo gromo da covid-19 no municipio coruñés de Cedeira, con sete casos positivos.

Segundo informaron por parte da área Sanitaria de Ferrol, a orixe do gromo de Cedeira enmárcase nun núcleo familiar e analízanse os conviventes destes positivos.

Mentres, o gromo de Cerdido relacionado cun campamento aumenta a 16 casos, ao sumarse un máis, indicaron as mesmas fontes.

Tres dos positivos son monitores, dous menores e 11 contactos dos anteriores.

Este trátase dun gromo identificado na área sanitaria de Ferrol no campamento de verán 2020 que organiza a Sociedade Cultural Airiños dos Carrís e a ANPA do colexio Os Carrís.

Ademais, por parte da área ferrolá considérase "pechado" un gromo con tres casos relacionado con conviventes desprazados nun coche a Ferrol desde Valencia.