CRTVG

Buscar

Un novo gromo en Gondomar eleva a 484 o número de usuarios contaxiados en centros de maiores

Publicado o 21/11/2020 20:35

A residencia de maiores de Vilalba segue a ser o xeriátrico con máis contaxios de Galicia. Con 136 postivos, 117 usuarios e 19 traballadores e traballadoras, estabiliza os seus contaxios con catro novos positivos, tres deles son usuarios. A Xunta xa ten intervido este centro.

A residencia Doral de Mos, que ten 131 persoas contaxiadas, das cales 95 son persoas maiores, é o outro centro con máis afectación do coronavirus en Galicia. E na residencia Vila do Conde de Gondomar detectouse nas últimas horas un novo gromo. Hai 22 positivos, 21 deles son usuarios. A conselleira de Política Social asegura que seguen a facer os cribados quincenais entre os usuarios e traballadores destes centros e recibindo todo o apoio necesario.

Con 27 positivos máis ca onte o número de usuarios contaxiados nas residencias de anciáns galegas sobe a 484. Baixan en tres os positivos entre os traballadores e traballadoras ata os 241. En total son 725 os contaxios nos xeriátricos de Galicia.

Noticias web

21/11/2020