CRTVG

Buscar

Un neno morre atragoado cun frankfurt nas Canarias

Publicado o 23/06/2019 20:20

Telde, en Gran Canaria, está de loito pola morte accidental dun neno nas festas da localidade. O pequeno atragoouse cun frankfurt que estaba comendo nun dos postos da feira, practicamente ao primeiro bocado. Seus pais, que o acompañaban, non puideron axudalo. O persoal sanitario que se trasladou ao lugar tampouco conseguiu reanimalo.

"Despois de 45 minutos de manobras de reanimación non se puido reverter a situación e o menor falecía con pouco máis de oito anos, en decembro faría os nove, explica Héctor Suárez, alcalde de Telde.

O concello decretou dous días de loito e suspendeu todos os actos festivos programados.

Noticias web

23/06/2019