CRTVG

Buscar

Detido un mozo mugardés nun partido da NBA por unha discusión cos seareiros

Publicado o 04/02/2019 14:38

Adrián Montero Mato, un veciño de Mugardos de 23 anos, podería enfrontarse a unha pena de dez anos de prisión tras protagonizar unha pelexa nunha cancha de baloncesto da NBA americana. Foi a raíz dunha discusión con outros seareiros que asistían ao partido.

As imaxes que circulan polas redes sociais mostran a Adrián discutindo acaloradamente con outros afeccionados que asistían ao partido entre os Miami Heat e os Chicago Bulls. En varios momentos, escóitase insultalos en español.

Nun primeiro momento, achégase un policía para intentar temperar os ánimos, pero a rifa continúa e o axente pide reforzos. Adrián Montero ofrece resistencia e finalmente é reducido tras caer polos chanzos. A policía do condado de Miami acúsao de catro delitos, entre eles agresión á autoridade e desordes por intoxicación. Despois de pasar varios días en prisión, quedou en liberdade tras aboar unha fianza de 10.000 euros. A súa familia agarda que estea de volta na casa nas vindeiras horas.





 

Noticias web

04/02/2019