CRTVG

Buscar

Un mozo vai en persoa buscar os bombeiros para que acudan apagarlle un incendio

Publicado o 09/12/2019 14:46

Á primeira hora da mañá comezou a arder un cuarto no primeiro andar dunha casa situada na estrada de Someso, na Coruña. O seu propietario, ao decatarse do que estaba a acontecer, deu a voz de alarma. Pero non como soe facerse habitualmente nestes casos, chamando por teléfono os servizos de urxencias. El foi, en persoa, ao parque dos bombeiros. 

"Sobre as oito da mañá veu un rapaz no coche a avisarnos de que lle estaba ardendo a casa...", di Juan Manuel Morandeira, suboficial do parque dos bombeiros da Coruña.

Comentoulles tamén que no interior da vivenda non había ninguén. Así que, guiados polo rapaz, os bombeiros achegáronse á zona para extinguir as lapas.

Malia que a casa afectada está adosada a outras tres vivendas, ninguna delas sufriu danos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019