CRTVG

Buscar

Un mozo queda ferido ao caerlle enriba parte dunha cornixa en Vigo

Publicado o 18/06/2020 13:57

O viandante camiñaba pola rúa Ecuador cando se desprenderon varios cascotes, que lle causaron un forte golpe na cabeza. Era moi cedo pero, por sorte, xa había varios clientes nun cafetería próxima, que se achegaron a auxilialo, ao tempo que avisaban aos servizos de emerxencias.

Contan que o mozo, de 25 anos, sangraba abundantemente pero estaba consciente. Ao lugar do suceso desprazáronse a Policía Local, os Bombeiros de Vigo e unha ambulancia do 061 que o trasladou ao hospital Álvaro Cunqueiro. 

 

Noticias web

18/06/2020