CRTVG

Buscar

Un mozo cun coitelo intenta agredir varios policías no distrito madrileño de Carabanchel

Publicado o 17/07/2019 09:54

E vexan o que sucedeu no distrito madrileño de Carabanchel. Un mozo español, de 23 anos, armado cun coitelo e con numerosos antecedentes policiais, tentou agredir unha policía que estaba no primeiro día das súas prácticas. Tamén quixo agredir o axente que ía no coche patrulla. Finalmente, un terceiro axente disparoulle na cadeira.

A raíz deste suceso, o Sindicato Unificado da Policía demandará esta maña pistolas de corrente eléctrica -TASER- como parte da dotación, para poder neutralizar os delincuentes sen causarlles dano.

Noticias web

17/07/2019