CRTVG

Buscar

Un motorista morre nun accidente de tráfico en Viveiro

Publicado o 26/02/2020 15:53
Un motorista morre nun accidente de tráfico en Viveiro

Un home de 60 anos faleceu este mediodía nun accidente coa súa motocicleta á altura do termo municipal de Viveiro, en Lugo. En concreto, os servizos de Emerxencias recibiron o aviso sobre as 12,45 horas de que un home saíuse da estrada no lugar de Portochao. Desde alí pasouse a alerta a efectivos da Garda Civil, Protección Civil e Bombeiros, entre outros. Urxencias sanitarias atopábase no punto e confirmou que a vítima do sinistro faleceu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí