CRTVG

Buscar

Un morto e centos de feridos no accidente aéreo de Turquía

Publicado o 05/02/2020 22:19
Un morto e centos de feridos no accidente aéreo de Turquía

Unha persoa faleceu no accidente dun avión de pasaxeiros que cubría o roteiro entre Esmirna e Istambul e que saíu hoxe da pista ao aterrar no aeroporto de Sabiha Gökçen. Ademais, o accidente causou máis dun cento de feridos. 

O avión, dunha compañía comercial, levaba a bordo 177 pasaxeiros, derrapou na pista e rompeu ao saírse do asfalto, segundo sinalaba NTV. Nuns vídeos difundidos pola cadea apréciase un incendio menor, que foi apagado tras a intervención dos bombeiros, e vese como varios pasaxeiros abandonan o avión por ocos na fuselaxe causados ao romper o aparello.

A cabina do piloto aparece completamente separada do resto da aeronave. O aeroporto de Sabiha Gökçen, o menor dos dous situados en Istambul e que se acha na parte asiática da cidade, quedou pechado ao tráfico e os voos deriváronse ao próximo aeroporto de Istambul na parte europea.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí