CRTVG

Buscar

Un morto e dous feridos nun brutal accidente en Mos

Publicado o 04/09/2020 13:52

Este perigoso treito da Nacional 550 que une Redondela e O Porriño xa se cobrou nos dous últimos anos a vida de 5 persoas. Desta vez a dun home de 50 anos que viaxaba neste coche. Ao parecer incorporouse á vía dende unha explanada invadindo o carril contrario e bateu contra outro vehículo que foi embestido á súa vez polo que circulaba detrás. Ata o lugar dos suceso trasladáronse a Garda Civil e o Sevizo de Emerxencias de Mos.

Como consecuencia do accidente cortouse a circulación, mentres os sevizos de emerxencias atendían as vítimas e se procedía á retirada dos vehículos.

A Garda Civil investiga as causas do accidente. Un sinistro que reafirma esta estrada como un punto negro da rede viaria, e pola que pasan ao día uns 15.000 vehículos.
 

Noticias web

04/09/2020