CRTVG

Buscar

Un mitin de Abascal en Sestao acaba en agresións, cargas policiais e unha deputada de Vox ferida

Publicado o 26/06/2020 22:04

O presidente de VOX, Santiago Abascal, interveu nun mitin electoral en Sestao que se desenvolveu entre cargas dos axentes antidisturbios da Ertzaintza en resposta aos lanzamentos de distintos obxectos por parte de grupos antifascistas, un dos cales causou unha brecha na cabeza á deputada deste partido Rocío de Meer.

O acto electoral celebrouse na praza de San Pedro da localidade biscaíña, protexida cun amplo despregamento policial integrado por ao redor dun centenar de axentes antidisturbios. Varios centos de persoas, convocadas por grupos antifascistas nas redes sociais, concentráronse na contorna da praza para protestar pola presenza do líder de Vox, e algunhas delas lanzaron botes de fume, pedras e botellas, entre outros obxectos, o que desencadeou as cargas policiais, que se estenderon polas rúas próximas ao lugar do mitin. 

 

Noticias web

26/06/2020